InicioCulturaOPINIÓN: Carta aberta ao presidente do Principado de Asturias

OPINIÓN: Carta aberta ao presidente do Principado de Asturias

Carta de AXUNTAR, asociación prá normalización del galego de Asturias, a Adrián Barbón, presidente de todos os asturianos.

Publicada o

- Advertisement -

Moisés Cima Fernández Presidente de Axuntar, asociación  prá normalización del galego de Asturias

Estimado Sr. Presidente da Comunidá Autónoma del Principado de Asturias:

Recentemente publicou Vd. un tuit nel que afirmou que a reforma del Estatuto de Autonomía que se negocia nestos momentos na Xunta Xeral del Principado de Asturias fairase dacordo “al sentir  dos grupos políticos, entidades e asociaciois asturianas”.

Dende Axuntar, como ciudadanos e ciudadanas de Asturias -polo tanto, parte da sociedá asturiana-, e como asociación cultural en defensa da normalización del galego de Asturias, alegrámonos desta disposición del Presidente e esperamos que el Sr. Barbón responda á nosa petición pra reunirnos e poder, deste xeito, transmitirlle os argumentos e a sensibilidá que representamos. Por eso reiterámoslle a petición de entrevistarnos con Vd.

Estamos seguros que tamén é voluntá del noso Presidente  respetar os consensos da ciencia lingüística e da tradición dialectolóxica asturiana, hispánica e románica. Dende Munthe (1887) e pasando por Menéndez Pidal, Lapesa, Dámaso Alonso, Rodríguez-Castellano, Zamora Vicente, Krüger, García Arias, Ana Cano, Santamarina, Frías Conde, Babarro González, Varela Aenlle, Mackenzie, J.R.Barcia, García Gil, Ramón D’Andrés, Costas,  Fradejas Rueda, Natalia Jardón, etc. poden contabilizarse máis de cen traballos que confirman a galeguidá das falas eonaviegas. Destacable pola súa magnitú é el   Estudio de la  Transición Llingüístico na Zona Eo-Navia, Asturies (ETLEN) publicado nel 2017 pola Universidá de Uviéu, nel que se asegura que se sigue acreditando esa opinión, xeneralizada entre os llingüístas, da filiación gallegoportuguesa del gallego que se fala en Asturias sendo totalmente minoritarias as posiciois discrepantes nel ámbito académico.

Como Ud. sabe, hai apenas un mes el Grupo de Investigación Seminariu de Filoloxía Asturiana da Universidá de Uviéu reclamou nun comunicado sensatez nel debate sobre a oficialidá e pediu expresamente que se contemplase de maneira ponderada a plena dignidá idiomática e inequívoca tipoloxía gallego-portuguesa da lingua del extremo occidental de Asturias. Claramente postularon evitar recurrir a glotónimos que podan ser de naturaleza limitante ou despectiva. Limitante é claramente a designación como “fala”, por muito cariño que se lle poda ter a esa palabra. Non respetuosas coa filación son aquellas que ocultan que el idioma é galego.

Pensamos que un Presidente de Asturias debe evitar  caer en discursos populistas, respetar todas as sensibilidades e, sendo como é Vd. úa persoa concienciada e legalista na protección dos deretos lingüísticos dos asturianos, consideramos que terá presente a importancia  del momento histórico que vivimos e tratará, con muitísima delicadeza e a dignidá  que merece,  al galego de Asturias como  idioma  que conecta a nosa comunidá cun universo cultural de millois de falantes,  abrindo fronteiras, dando oportunidades culturales ás comarcas asturianas unde temos este idioma propio e garantindo un  trato igual das dúas linguas propias de Asturias: el asturiano e el galego.

Temos que manifestar a nosa preocupación porque se poda convertir el idioma gallego que se fala en Asturias núa especie de “bable del gallego”,  cun glotónimo sin filiación e que se acabe actuando con esta lingua propia de Asturias del mesmo xeito que pretendían actuar  coel asturiano aquellos que se fixeron chamar os amigos dos bables.

Sería un grave error e queremos pensar que nin el Presidente del Principado, nin el partido que lo sustenta,  nin os demais partidos que tein na súa mao a reforma del estatuto quererán que forme parte da historia de Asturias e da súa hemeroteca persoal un despropósito cultural tan grande.

A realidá asturiana de ser depositarios dun idioma de filiación gallego-portuguesa acredítanla  importantes documentos. Os primeiros son compraventas firmadas nel Priorato de Xío, nas ribeiras del Navia. Estos documentos pertenecentes al Cartulario da Abadía cisterciense de Santa María de  Vilanova de Ozcos, que tanta importancia tuvo nesta comarca Asturiana e firmados polo sou primeiro abad, forman parte da historia de Asturias. Lamentablemente é algo a lo que non se lle dá importancia nel paradigma desa Asturias que se lleva construindo dende hai 40 años, condo se aprobou el Estatuto de Autonomía nel que  nin siquera se mencionou a existencia del galego de Asturias.

É tempo de correxir estos esqueicementos que nos ningunean como asturianos. El trato igualitario dos nosos idiomas require ser rigurosos, abertos e universales. Por suposto garantizando el respeto da diversidá e da igualdá de todos os asturianos e asturianas.

A nosa fala e esta parte de Asturias  lleva 1000 anos esperando ser atendida.

Despós de 40 anos, queremos celebrar este aniversario del Estauto de Autonomía cun novo Estatuto máis xusto e integrador.

Despós del tuit que mencionamos al empezar este comunicado, esperamos que el Sr. Presidente cumpla a súa palabra e nos reciba lo antes posible.

Un cordial saludo

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...